Dobre verdade - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Dobre verdade
Teoría defendida por algúns escolásticos medievais e atribuída aos averroístas latinos, segundo a cal existe unha verdade para a razón e outra para a fe, (que poden ser contraditorias entre si), de modo que é posíbel considerar verdadeiros, simultaneamente, un enunciado ao que se chega mediante a investigación filosófica e o seu contrario, que contén un precepto de fe. Tal doutrina foi erroneamente atribuída a Averroes e a algúns averroístas latinos, como Siger de Brabante, que, de feito, non defenderon nunca tal posición.